De luns a vernes de 8:00 a 20:00.
Centro de día para maiores en Vilagarcía

Centro de día para maiores en Vilagarcía

A atención cos seus maiores precisan

Coidamos aos seus maiores durante o día en Vilagarcía

Centro de Día Abrente somos un centro de atención diúrna orientado a persoas maiores con perda da súa autonomía física, psíquica ou sensorial (demencias, ACV...) que, residindo nos seus propios fogares, precisen dunha serie de coidados e atención de carácter persoal, terapéutico ou social.

Trátase dunha alternativa á institucionalización e un alivio para os familiares que non poden facerse cargo deles durante o día.

O centro está destinado a persoas maiores de 60 anos que pola súa situación persoal precisen deste tipo de servizos.

O número de prazas das que dispón o centro é de 30 usuarios directos en réxime de pensión completa.

Coidamos aos seus maiores durante o día

¿Qué servizos ofrecemos en Centro de Día Abrente?

Manutención

Encargámonos de alimentar a tódalas persoas maiores que pasan o día no noso centro.

Aseo e hixiene

Realizamos o aseo diario que precisan as personas, encargándonos así da súa hixiene.

Transporte

Contamos con servizo de transporte para os casos nos que sexa necesario.

Fisioterapia

Realizamos esta práctica con fin de manter a saúde física dos nosos maiores.

As nosas instalacións

Servizos do centro de día

Servizos de axuda a a persoas maiores

Os servizos dos que dispoñemos no centro de día son:

  • Axuda nas actividades da vida diaria
  • Manutención
  • Aseo e hixiene
  • Coidados básicos de enfermería
  • Fisioterapia
  • Logopedia
  • Animación socio cultural
  • Actividades físicas e da saúde
  • Actividades de rehabilitación cognitiva
  • Transporte

Nas nosas instalacións contamos con:

  • Dirección
  • Sala multifuncións
  • Sala de fisioterapia
  • Sala de enfermería
  • Comedor
  • Cociña
  • Aseos
  • Amplos xardíns

Os requisitos necesarios dos usuarios para o acceso ás nosas instalacións son:

  • Non padecer trastornos mentais ou condutas que poidan alterar a normalidade do centro
  • Non padecer enfermidades infectocontaxiosas ou que requiran atención imprescindible nun centro hospitalario

Contacte con Centro de Día Abrente

Visítenos en Vilagarcía de Arousa

Se precisa os nosos servizos ou ten algunha dúbida acerca de cómo funciona o noso método de traballo, póñase en contacto connosco. Estaremos encantados de atendelo.

  • Dirección Cruz do Piñeiro, 19 - Sobrán - 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
  • Teléfonos 986 500 475 - 689 511 211
  • Horario De luns a vernes de 8:00 a 20:00.
  • E-mail abrente04@yahoo.es

Formulario de contacto